SEGUNDA FUTGAL

Previa | Un líder intratable visita ao Sénior

Pabellón CF - Rayo 21 CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 1, 16:00 horas):

O Miguel Ángel acollerá esta fin de semana un dos partidos máis atractivos da 20ª xornada da Segunda Futgal, nun choque marcado pola ambición local e a solidez visitante.

O conxunto de Eiroás chega como líder indiscutible da categoría, cun pleno de vitorias nos dezaoito encontros disputados, que o sitúan con 54 puntos no máis alto da táboa. Nove triunfos como local e nove como visitante, cunha traxectoria impecable reforzada por uns números demoledores: 67 goles a favor e só 18 en contra. Lonxe do seu campo, o Rayo 21 mantén a mesma firmeza, con 26 tantos anotados e apenas 6 encaixados.

Pola súa banda, o Pabellón, con 31 puntos e instalado nunha zona tranquila da clasificación, afronta o choque como unha durísima proba de nivel, pero tamén cunha motivación extra. O cadro branco e verde sairá ao céspede do Miguel Ángel coa ilusión de converterse no primeiro equipo capaz de derrotar ao líder, nun encontro que promete intensidade e competitividade.

No partido da primeira volta en Eiroás os blanquiverdes puxéronlle as cousas moi difíciles ao cadro rayista, que se impuxo por un apretado 3-2.

Toño Sanmartín non poderá contar por diversas causas con Rubén, Enrique, Changui e Cacha. O resto da plantilla está en condicións á espera do último adestramento deste venres.

Adrián González Rey será o colexiado do partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 20.