Fútbol 8

O Prebenxamín A, campión da 1ª Galicia Ourense

O Prebenxamín A do Pabellón Club de Fútbol proclamouse campión da 1ª Galicia Ourense a falta de unha xornada para o final do playoff polo título. Os de Adilson Azevedo e David Martínez venceron nos Remedios ao EDC Xinzo.

Os branquiverdes levan doce triunfos e una soa derrota nas trece xornadas disputadas. Na primeira parte da competición os pabellonistas ocuparan a primeira praza do Grupo 1B cun pleno de triunfos. O equipo xa tiña praza para a Fase Galega Sur do Campionato Galego de Fútbol 8.

Parabéns a corpo técnico e xogadores!!!