DEPORTE INCLUSIVO

O Pabellón Inclusivo estivo en Calo

O Pabellón Inclusivo disputou en Calo a terceira xornada de "A Nosa Champions Fútbol" demostrando de novo un gran nivel. Nesta ocasión os equipos trece equipos participantes dividíronse entre Ortigueira e Calo.

Esta iniciativa, dirixida ao colectivo DI (persoas con discapacidade intelectual), naceu a pasada tempada na modalidade de fútbol 7 e ten como principal finalidade favorecer a inclusión e a normalización da práctica deportiva a través dun proxecto con forte compoñente social.

Trátase dunha competición sen carácter competitivo, pensada para promover a participación e reivindicar que o fútbol é un espazo aberto a todas as persoas, sen excepción. 

Os nosos completaron outra boa actuación con vitorias ante SR Calo "B" SD Vilagarcía e unha derrota co Celta Integra "B"Óscar Sánchez volveu a demostrar o seu instinto goleador con 6 dianas, mentres que Aitor (2), Dani González e David Rivo tamén anotaron. Máis alá dos resultados, volveuse a demostrar que o fútbol non ten barreiras e que todos poden desfrutar deste gran deporte.

MÁIS INFORMACIÓN

Foto: futgal.es