Monforte, EDC Verín B e UD Ourense B, rivais no torneo do KO
Este luns tivo lugar o sorteo das eliminatorias de oitavos de final das Copas Deputación nas distintas categorías do fútbol base ourensán, unha cita marcada no calendario e que permitirá aos equipos seguir competindo nun torneo sempre especial.
Na categoría Infantil (1ª e 2ª Futgal), a eliminatoria disputarase a partido único os días 3 ou 4 de xaneiro. O Pabellón B terá que afrontar unha esixente saída ao campo do CF Monforte, nun encontro que decidirá o pase á seguinte rolda.
Pola súa banda, na categoría Alevín (2ª e 3ª Futgal), os oitavos de final xogaranse tamén a partido único os días 14 ou 15 de febreiro, con dobre presenza pabellonista. O Pabellón Promesas B medirase como visitante ao EDC Verín B, mentres que o Pabellón B recibirá á UD Ourense B.
¡Moita sorte para os nosos!