Liga Nacional Xuvenil

Derrota na casa do líder Celta "B" (6-0)

Derrota incuestionable do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil na Madroa a mans dun RC Celta "B" (6-0) que lidera de forma inmaculada a táboa.

Dous penaltis na primeira media hora de xogo, o primeiro aos cinco minutos, deron vantaxe aos olívicos e antes do descanso chegaría unha terceira diana local que deeixaba as cousas prácticamente imposibles para os nosos dado o nivel do equipo celeste. Na segunda parte chegarín tres tantos máis para os locatarios, na que estaban os ex-pabellonistas Santi e José, para pechar unha abultada derrota. Ver ficha técnica.

Despois deste marcador os de Cándido Gómez ocupan a terceira praza da categoría con 13 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada afrontan un derbi capitalino co Ourense CF no campo de Os Remedios.