Liga Galega Infantil

Kike Serantes dirixirá ao Infantil Promesas

Enrique Javier Serantes Álvarez "Kike" (Ourense, 1978) dirixirá esta tempada ao Pabellón Promesas da Liga Galega Infantil. O técnico pabellonista salta ao fútbol 11 co groso de deportistas que tivo a pasada campaña no Pabellón Promesas da Primeira Galicia Alevín.

O obxectivo non é outro que a permanencia na categoría despois dunha exitosa campaña do anterior grupo, que chegou a disputar a fase de ascenso á División de Honra. Está pendente a asignación do seu axudante.