Inscricións abertas para os dous turnos e porteiros
A Fundación Celta abriu o periodo de inscrición dos diferentes Campus de Verán 2025 que desenvolverán a partir do 23 de xuño e principios de xullo en diferentes puntos de Galicia.
En canto ao que organiza no campo Miguel Ángel-Os Remedios, coa colaboración do Pabellón CF, iste contará con dous turnos: do 23 ao 27 de xuño e do 30 de xuño ao 4 de xullo.
Esta eficaz formación futbolística, destinada a nenos e nenas de 5 a 16 anos, irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e dun entorno de adestramento onde a diversión está asegurada. O horario da actividade é de 9:30 a 14 horas.
Este ano tamén habera o Campus Porteiros Sergio Álvarez destinado a nenos e nenas de 7 a 16 anos nun único turno do 30 de xuño ao 4 de xullo en horario de 9.30 a 14 horas.
Os deportistas do Pabellón Club de Fútbol e Pabellón Promesas terán un desconto para calquera das dúas actividades, cunha redución de 16 euros nos dous turnos do Campus e de 18 euros no Campus Porteiros. En ambos casos as inscricións son limitadas.
Para aplicar esa redución, ao comprar o producto debe seleccionar a opción de desconto por CLUB CONVENIDO e ao cubrir o formulario de datos seleccionar como club convenido PABELLÓN OURENSE.
MÁIS INFORMACIÓN PROCESO DE INSCRICIÓN CAMPUS
PROCESO DE INSCRICIÓN CAMPUS PORTEIROS