Inminente comezo das competicións
26 de agosto de 2025 (12:53 h.)
A Delegación en Ourense da RFGF deu a coñecer os calendarios das diferentes categorías e divisións na modalidade de Fútbol 8 para esta tempada 2025-2026.
Esta campaña comezarán a fin de semana do 13 e 14 de setembro, a excepción dos prebenxamíns, que o farán unha semana máis tarde. En alevíns e benxamíns quedaron establecidas a 1ª e 2ª Futgal e na segunda delas incluso a 3ª Futgal.
Os calendarios con presenza de equipos branquiverdes pódense ver nos seguintes enlace:
1ª FUTGAL ALEVÍN 2ª FUTGAL ALEVÍN
1ª FUTGAL BENXAMÍN 2ª FUTGAL BENXAMIN
1ª FUTGAL PREBENXAMÍN G1-1ª FASE 1ª FUTGAL PREBENXAMÍN G2-1ª FASE