Seleccións

A Galega Sub-12, con Aldán, este mércores nos Remedios

A Selección Galega Sub-12 continúa a preparar a súa participación no Campionato de España de Fútbol 8 que se vai a disputar en Madrid do 28 ao 30 de abril.

Este mércores xogarán un partido de preparación contra o Pabellón Promesas da Liga Galega Infantil no campo Miguel Ángel-Os Remedios (18 horas). Na convocatoria do equipo galego está convocado o branquiverde Aldán Limia.