Fútbol 11 l Boa xornada para os nosos
Soamente unha derrota na xornada dos nosos con 23 goles anotados e 10 encaixados
A xornada desta fin de semana deixou un balance positivo para os equipos de Fútbol 11 dende o conxunto de 1ª Autonómica Xuvenil ata o Alevín que xoga o Torneo Conservas Calvo.
Play Off 1ª Xuvenil (Pabellón "C" 2-1 Calasancio "B")
Os de Miguel Alonso superaron aos monfortinos nun partido no que anotarían os dous goles na primeira parte por medio de Joel e Pablo Míguez. Na segunda os visitantes recortarían distancias pero o marcador non se movería máis ata o final. Ver ficha técnica. Despois deste triunfo equipo ocupa a terceira praza deste Play Off. Ver clasificación.
División de Honra Cadete (RC Deportivo 4-0 Pabellón)
Derrota clara para os de Guillermo García no Mundo do Fútbol nunha cita na que os herculinos se marcharían ao descanso cunha renda de tres goles (3-0). No segundo tempo as cousas estiveron máis equilibradas, polo menos no marcador, xa que o Deportivo non anotaría o cuarto ata os minutos finais. Ver ficha técnica. Pese á derrota co segundo -cunha diferenza de 21 puntos- o equipo segue ubicado na terceira praza. Ver clasificación.
Reparto de puntos no campo de Os Remedios nun partido que tivo un tempo para cada equipo. Na primeira metade mandaron os pabellonistas con dous goles obra de José e Santi, de penalti, e na segunda foron os visitantes quenes acabaría equilibrando a balazanza no desconto cunha pena máxima.
Ambos equipos xogaron con moitísima intensidade os oitenta minutos e o empate pódese calificar de xusto. Ver ficha técnica. Os branquiverdes son sextos na táboa, lonxe da zona de descensos por arrastre. Ver clasificación.
Copa Galicia Infantil (Bergantiños 3-3 Pabellón)
Na visita ao campo das Eiroas os pabellonistas parecían ter encarrilado o partido cos tres goles anotados na primeira metade (0-3) -Pinto (2) e Sampayo-, pero os de Carballo apretaron na segunda metade para rescatar un punto. Ver ficha técnica. O empate relega ao equipo á terceira praza. Ver clasificación.
Play Off 1ª Infantil (Pabellón "B" 6-0 Calasancio "B")
Partido cómodo para os locatarios no campo de Os Remedios. Ao descanso xa mandaban no marcador (2-0) e na segunda parte marcaron distancias con catro dianas máis. Xoel (3), Pedro Amorín, David e Aarón anotaron os tantos. Ver ficha técnica. Os branquiverdes son sétimos neste Play Off. Ver clasificación.
Play Off 1ª Infantil (Velle 0-2 Pabellón Promesas)
Tiña unha difícil saída ao Monte da Aira o conxunto pabellonista que acabaría resolvendo con dous goles na primeira metade obra de Iago e Isaac nunha fase do partido na que foi superior a un rival máis físico. Na segunda metade as cousas igualáronse máis pero sen tradescendencia no marcador. Ver ficha técnica. A vitoria deixa mantén ao equipo na primeira praza deste Play Off. Ver clasificación.
Torneo Conservas Calvo Alevín (Amio 0-8 Pabellón)
Segue forte o cadro pabellonistas, que suma os seus partidos por vitorias. Nesta ocasión superaba no campo do Sergas en Santiago a un debutante neste torneo. Os branquiverdes resolveron con catro goles en cada tempo. -Izan (3), Álvaro (2), Jorge, Alejandro e Neira-.