Fútbol 11 / Resumo da xornada dos derbis
Catro vitorias e tres derrotas no balance da fin de semana con moitos partidos de rivalidade provincial
Catro vitorias e tres derrotas foi o balance da xornada da pasada fin de semana para os nosos representantes na modalidad de Fútbol 11. Na Liga Galega Xuvenil o Pabellón "B" impúxose con facilidade (6-1) á EDC Verín nunha cita que se presumía máis equilibrada do que foi. Ao descanso os nosos xa mandaban no marcador pola mínima (2-1) coas dianas de Gustavo, xa recuperado dunha longa lesión, e José Ramón, e na reanudación a superioridade no campo mantívose e chegarían catro tantos máis de Iago Varela (2), José Ramón e José. O equipo de Anxo Valcárcel ocupa a oitava praza con 18 puntos.
Na 1ª Autonómica Xuvenil o Pabellón "C" conseguiu de forma matemática o seu pase ao Play Off polo título dende o Grupo 11º despois de vencer no Luis Bodegas ao Monforte (1-3). Ao final da primeira parte as cousas xa pintaban ven (0-2) cos goles de Míguez e López, de penalti. No segundo acto os de Marcial González souberon manexar o partido e a seis para o final incrementaría distancias co terceiro tanto obra de Joel. No desconto e sen tempo para máis recortaría diferenzas o cadro local.
Tamén na Liga Galega Infantil o Pabellón Promesas caía nos Remedios (0-6) contra un rival da zona alta da táboa como o Val Miñor. O primeiro tempo estivo máis igualado, polo menos no marcador (0-1), que na segunda metade na que os de Nigrán anotarían cinco dianas. O equipo é decimosexto con 7 puntos.
Finalmente, na Copa Deputación Infantil o Pabellón "B" superou a eliminatoria de oitavos de final a partido único cunha vitoria en Oira (0-1) diante do Ourense CF "B". Un gol de Pitu no inicio da segunda metade acabaría resultando decisivo. Agora os de Rubén García esperan rival para os cuartos de final que se sortean este luns, tamén a partido único o próximo fin de semana.