FUTBOL SALA PREBENEXAMÍN

Os equipos da Escola xa teñen calendario

Os dous equipos da Escola de Iniciación (2019) que participarán un curso máis na Liga de Fútbol Sala Prebenxamín, comezarán esta semana a competicións coa novidade nesta campaña de dúas divisións. Esta actividade complementa o traballo semanal de aprendizaxe na Escola de ambos grupos.

Por un lado o Escola Pabellón CF tomará parte na 1ª Futgal Prebenxamín, que contará con once equipos participantes. O CDC Pereiro de Aguiar será o primeiro rival na cancha da Policía Nacional este venres. VER CALENDARIO COMPLETO.

Mentres, o Escola Pabellón CF B competirá na 2ª Futgal Prebenxamín, que tamén estará integrada por once conxuntos. Na primeira xornada os nosos descansarán, e unha semana máis tarde debutarán co CDC Pereiro de Aguiar B na cancha da Policía Nacional. VER CALENDARIO COMPLETO.