Primeira Galicia

Derrota do Senior cun rival que resolveu no segundo tempo

Derrota nos Remedios do Pabellón da Primera Galicia diante dun rival que coa vitoria o supera na táboa clasificatoria. A primeira metade despachouse sen goles e foi na segunda cando os visitantes anotaría os goles que lle deron o triunfo. O primeiro deles aos cinco minutos e o segundo que prácticamente pechou o partido, chegaría a quince minutos do final.

Os branquiverdes apenas tiveron ocasións para marcar. O equipo avanza no campo pero no xera accións de perigro. En nove partidos disputados apenas levan anotadas seis dianas. Pese á derrota o equipo non ocupa postos de descenso ao estar situado na primera praza do corte.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Julián, Aldán (Numan, m.60), Sergio (Carid, m.76), Berni, Álvaro, Machaca, Simón (Marcos, m.66), Cacha (Caseiro, m.71), Antón (Cristian, m.60), Pancho e Saúl.

ACD Cartelle (2): Adrián Rodríguez, Fabián, David, Iago, Gregorio, Lucas, Unai (Bernárdez, m.73), Andrés (Mourille, m.81), Hugo, Sergio e Adrián González.

Árbitro: Paz López, asistido nas bandas por Boimorto Blanco e Alcázar González (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Carid (m.90) e Álvaro (m.90) nos locais e a Yago (m.85) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.50: Andrés. 0-2, m.75: Gregorio.

Incidencias: Partido da novena xornada da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.