Boa xornada da Escola Celta Genuine-Ourense

A Escola Celta Genuine de Ourense dispoutou este mércores unha nova xornada na modalidade de fútbol sala do campionato que organiza a Federación Galega de Deporte Adaptado e que tivo lugar en Redondela.

Os deportistas a cargo de Juan Varela e Ramón Giraldo tiveron sendos marcadores positivos nos enfrontamentos contra Afavi e Méndez Núñez de Pontevedra, nunha mañá na que o pasaron en grande.