Aldán Limia, convocado coa Selección Galega Sub-12

Aldán Limia, xogador en idade alevín do Pabellón Promesas Infantil, foi novamente convocado para un adestramento coa Selección Galega Sub-12 que segue a preparar o Campionato de España de Fútbol 8 que se disputará en Madrid do 28 ao 30 de abril.

A citación está marcada para este mércores 15 de marzo ás 17 horas. Media hora despois comezará o adestramento no campo da Braña na localidade coruñesa de Rois.