Convenio RC Celta

Catro branquiverdes con equipos do Celta en varios torneos

Aldán, o terceiro pola dereita na fila superior, en Turquía

Catro xogadores pabellonistas participarán con equipos do RC Celta durante estas datas en diferentes torneos nacionais e internacionais

Os infantís Joel Moreta e Mauro Méndez viaxarán ata San Sebastián para disputar o Torneo Internacional da Real Sociedade do 8 ao 10 e abril.

Mentres, o cadete Pablo Pérez participará nos Torneo Ramiro Carregal en Vilagarcía do 7 ao 8 ade abril e no Torneo Monroe de Ermua do 15 ao 16 de abril.

Finalmente, o alevín Aldán Limia, está en Turquía para afrontar o Torneo Internacional Izmir Sub-12 que se disputa do 7 ao 10 de abril coa participación de 72 equipos de diferentes paises. Unha semana máis tarde, do 14 ao 16 de abril, tamén estrará no Torneo Lemoa Harrobi.