1ª Galicia Cadete

Álex Domínguez, no banquillo do Promesas Cadete

Álejandro Domínguez Gónzález "Álex Bande" (Ourense, 1993), con titulación UEFA A, dirixirá ao Pabellón Promesas que esta tempada 2023-2024 militará na 1ª Autonómica Galicia. Álex Bande suma catro tempadas na entidade branquiverde en diferentes labores técnicas.

O equipo pabellonista descendeu a pasada campaña da Liga Galega polos arrastres e nesta intentará facer un bo papel dentro da categoría provincial. Álex Bande aínda non ten axudante asignado.