4-0 | Unha mala tarde pasa factura ao Senior
DOMINGO 07/09/2025 (17:00) Campo: SAN PEDRO DE ROCAS (100)
ROCAS CF : 4 – PABELLÓN CF : 0 (2-0)
Derrota do Pabellón no campo do Rocas no partido da primeira xornada da Segunda Futgal. Os branquiverdes pagaron unha mala primeira metade encixando dous goles nos primeiros vinte minutos ante un rival adaptado ao estilo de xogo que requiere o seu feudo.
No segundo tempo os de Toño Sanmartín melloraron e incluso gozaron dun par de ocasións que non frutificaron. Nos últimos minutos deste periodo os locatarios ampliarían distancias con dúas dianas máis.
Na próxima xornada os branquiverdes reciben ao Taboadela no Miguel Ángel na tarde do domingo.
FICHA TÉCNICA
Rocas CF: Anxo, Diego, Tomás, Pablo (Rodolfo, m.32), Christian (Jonathan, m.70), Aarón, Rubén, Diego (Manuel, m.84), Alberto (Abel, m.70), Hugo e David.
Pabellón CF: Nacho, Aldán, Rubén, Miguel Ángel, Mario, Sergio, Cacha, Numan, Óscar (Mejuto, m.50), Guzmán (Rober, m.46) e Moure (Xoel, m.46).
Árbitro: Zeus Gómez Míguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Tomás (m.31) e Diego (m.66) nos locatarios e a Guzmán (m.36) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.7: Christian. 2-0, m.20: Pablo. 3-0, m.84: Jonathan. 4-0, m.89: Tomás.