4-4 | Os penaltis facilitan o pase do Senior
DOMINGO 25/05/2025 (19:00) Campo: O CORGO (300)
SOUTOPENEDO CF : 4 (2) – PABELLÓN CF : 4 (4) (2-3)
O Pabellón clasificouse para a elminatoria decisiva da promoción de ascenso á Segunda Futgal, ao gañar ao Soutopenedo na tanda de penaltis despois do empate que figuraba no marcador despois de cento vinte minutos. No choque de ida non se movera o marcador (0-0). O Bande, que apeou ao Amoeiro, será o rival dos branquiverdes.
Despois dese primeiro partido en branco, os que se acercaron ao campo de O Corgo viviron un partido pletórico con un total de oito goles. Os de Toño Sanmartín tiveron vantaxe ata en catro ocasións nas que sempre replicou o cadro local para igualar.
Ao descanso os marcador era favorable (2-3) aos pabellonistas despois do dobrete de Noli acompañado por unha diana de Nico, un pesadelo para os locatarios durante toda a primeira metade. Duarte e Manuel anotaron para o Souto.
Na segunda metade os de José Luis Insuela sairon a neutralizar a vantaxe dos capitalinos e ata o tramo final non chegaría a igualada coa diana de Evan dende os once metros.
Tras máis de dez minutos de moita emoción e incertidume sen que se movese o marcador, deuse paso á prórroga. Con apenas tres minutos da primeira parte Noli completaría o seu hattrick cun especatacular gol. O "10" branquiverde viu a Brais adiantado e dende a altura dos banquillos disparo á portería para colocar o 3-4.
Quedaba moito tempo por diante e as forzas xa comezaban a flaquear por ambos bandos e os primeiros quince minutos remataban con vantaxe visitante.
Os últimos quince minutos extra do partido deixarían unha xogada polémica co cuarto gol local. Os pabellonistas reclamaron a posición adiantada de Sebas no cuarto gol local, algo que o asistente non interpretou como tal deixando a cuarta igualada do choque.
Nos penaltis o meta branquiverde Changui detivo dous lanzamentos dos rivais despois de que Noli disparara ao traveseiro no primeiro lanzamento. Pedro, Nico, Soriano e Rubén non fallaron.
FICHA TÉCNICA
Soutopenedo CF: Brais, Yahia (Xoel, m.46) (Marcos, m.106), Evan, Marcos, Iván, Manuel, Duarte, Viola, Alexander, Morinigo (Aday, m.115), Sebas e Diego (Jaime, m.579.
Pabellón CF: Changui, Miguel Ángel (Pibe,m.64), Luis, Pedro, Aldán (Soriano, m.74), Sergio, Rubén, Numan (Mejuto, m.64), Noli, Nico e Bruno.
Árbitro: José Daniel Rodicio González, asistido nas bandas por Iglesias Rodríguez e Pazos Rodríguez (Comité Galego-Ourense).
Goles: 0-1, m.8: Noli. 1-1, m.9: Duarte. 1-2, m.22: Noli. 2-2, m.30: Manuel. 2-3, m.40: Nico. 3-3, m.79: Eva, de penalti. 3-4, m.93: Noli. 4-4, m.109: Sebas.