SEGUNDA FUTGAL

3-2 | O Senior non puido sumar en Eiroás

SÁBADO 20/09/2025 (19:30)  Campo: EIROÁS (150)

RAYO CF 21 : 3 – PABELLÓN CF : 2 (2-1)

Os pabellonistas non puideron sumar na complicada saída ao campo de Eiroás no choque corresondente á Segunda Futgal. O conxunto branquiverde quédase cos 3 puntos que sumou co Taboadela.

Pese a que os de Toño Sanmartín conseguiron adiantarse no marcador co tanto de Rubén aos cinco minutos de xogo, o cadro local daríalle a volta ao marcador con dous goles de Denis e Juan Carlos.

Reaccionarían os branquiverdes nivelando a contienda cunha diana de Guzmán, pero aos cinco minutos da reanudación chegaría o terceiro do Rayo obra de Javier que acabaría decantando a seu favor unha cita moi disputada.

Na próxima xornada reciben no Miguel Ángel ao Piñeira Seca.

FICHA TÉCNICA

Rayo 21 CF: Alberto, Salgado, Joel, Oliveira (Mauro, m.73), José Manuel, Javier (Sergio, m.68), Denis, Juan Carlos (Guillermo, m.58), Borja (Mosquera, m.46), Carlos e Marcos.

Pabellón CF: Changui, Rober, Luis, Pede, Mario, Sergio, Rubén (Jhonny Nóvoa, m,.80), Numan (Jhonny Merlo, m.68), Aldán (Óscar, m.57), Guzmán e Moure (Miiguel Ángel, m.68).

Árbitro: Gabriel Márquez Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Alberto (m.6), Carlos (m.58), Joel (m.73) e Salgado (m.88) nos locais e nos visitantes a Mario (m.9), Aldán (m.31), Guzmán (m.85) e Jhonny Merlo (m.90+3).

Goles: 0-1, m.5: Rubén. 1-1, m.27: Denis. 2-1, m.41: Juan Carlos. 2-2, m.46: Guzmán. 3-2, m.50: Javier.