LIGA NACIONAL XUVENIL

2-3 | Revés do Xuvenil A tras dous goles de vantaxe

DOMINGO 21/09/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (125)

PABELLÓN CF: 2 – CD AREOSA : 3 (2-1) 

Revés do Pabellón no Miguel Ángel nun partido no que os locatarios chegaron a ter dous goles de vantaxe cando apenas se levaban disputados cinco minutos, pero as cousas son como acaban e non como comezan e os vigueses acabaron dándolle a volta ao enfrontamento. 

A cita contra o Areosa correspondía á terceira xornada da Liga Nacional Xuvenil e con este marcador adverso os branquiverdes quedan na cuarta praza con 6 puntos.

As cousas puxéronse moi ben para os de Rubén Garcia cando primeiro Tiago Cerdeiro e despois Iker Regueira situaban por diante no marcador aos ourensáns con apenas cinco minutos de xogo.

Tiago Cerdeiro abriu o marcador ao minuto de xogo

Despois dun periodo de ida e volta, cunha gran ocasión para Tiago Cerdeiro nun remate de cabeza, e cando parecía que finalizaría con esa suculenta renda, chegarían dúas accións claves.

A primeira nunha contra local deixou a Nico nunha boa posición para haber disparado á meta rival pero o alaricán optou por enviar un pase ao medio do área donde chegaba Iker Regueira pero un defensa abortou o perigo.

E a segunda chegaría escasos instantes despois cun penalti evitable que despois de desviar Roberto permitiu ao lanzador Juan Carlos aproveitar o rexeite para colocar o 2-1, marchándose o Areosa moi vivo a vestuarios.

Iker Regueira anotou o segundo tanto dos pabellonistas

Segunda metade

Na reanudación os olívicos sairon a por todas pasando a dominar algo máis. Apenas transcurridos quince minutos Saúl devolvía a igualdade ao marcador, premonizando un resto de partido complicado para os locatarios. E así foi. Dez minutos máis tarde Juan Carlos acertaba a meter o balón na porteria local asestando un duro golpe aos ourensáns: 2-3.

De ahí ata o final os pabellonistas intentaron reaccionar pero finalmente o marcador non se movería máis e os tres puntos voaron para Vigo e con Veiras expulsado no desconto e haberá que esperar a outras ocasións para seguir sumando puntos para alcanzar o obxectivo principal da permanencia. 

Na próxima xornada de competición o Pabellón visita ao Victoria en terras coruñesas.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Iván (Gael, m.69), Tiago Barbosa, André, Guille, Ander, Melguizo (Samuel Ferraz, m.69), Tiago Cerdeiro (Mancebo, m.87), Lucas, Nico (Jesús, m.59) e Iker Regueira (Veiras, m.59).

CD Areosa: Rodrigo, Lucas, Xian, Alejandro, Iago, Luca (Luis, m.58), Martín, Enzo (Lucas, m.67), Saúl (Ramón, m.82), Juan Carlos (Mario, m.82) e Breogán (Joel, m.58).

Árbitro: Adriñan González Rey, asistido nas bandas por Romero Machado e Rodríguez Iglesias (Comité Galego-Ourense). Expulsaron nos locais a Veiras (m.90).

Goles: 1-0, m.1: Tiago Cerdeiro. 2-0, m.5: Iker Regueira. 2-1, m.45: Juan Carlos. 2-2, m.61: Saúl. 2-3, m.71: Juan Carlos.