2-1 | O Xuvenil "A" sofre pero gaña
DOMINGO 27/04/2025 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 2 – CVC VALLADARES : 1 (1-0)
Sufrida vitoria do Pabellón ante un rival necesitado de puntos como o Valladares no choque da xornada vinte e nove da Liga Nacional Xuvenil. Os resultados da fin de semana deixan ao equipo con 52 puntos distante dos postos de ascenso que ocupan Racing (61) e Lugo (58).
O conxunto local, que utilizou a tres xogadores cadetes no decorrer do partido, Melguizo, Samuel e De Blasis e tamén a Nico e Iván do Xuvenil Preferente, estivo moi efectivo en ataque neste choque xa que o primeiro tanto chegaba no primeiro remate á portería visitante (25´) cun testarazo de Soriano a un bo centro de Jorge.
Pouco despois os ourensáns tiveron a ocasión de marcar distancias no marcador nunha boa contra iniciada por Soriano cun pase en profundiade a Mociño, que centrou para que Etien rematara ás máns do meta rival.
Con anterioridade o Valladares había disparado en tres ocasións sobre o portal de Brais, que na primeira delas tivo que empregarse a fondo para desviar o chut de Antón. Ao descanso chegaríase con esa mínima vantaxe local.
Segundo tempo
O inicio da segunda foi bo para os pabellonistas, que ampliaron a vantaxe ao transformar Mociño un penalti sobre Jorge. A partir de ahí os Valladares meteu aos locais no seu campo na búsqueda dun gol que os metese no partido. E así foi nun disparo dende fóra do área sen parente perigo de Antón que deixaron vinte minutos moi complicados para os anfitrións.
Co 2-1 os pontevedreses viron a posibilidade de, cando menos, empatar o choque ante un Pabellón ao que lle costaba avanzar en ataque. Nun espazo de oito minutos entraron catro homes de refresco e os visitantes tamén moveron pezas para seguir levando a iniciativa.
No tramo final a meta branquiverde pasou por varias accións perigosas que por fortuna non tiveron repercusión no marcador, vendendo cara a derrota o Valladares.
O Deportivo "B" será o rival do Pabellón na próxima fin de semana no Mundo do Fútbol de Abegondo.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Brais, Jorge (Iván, m.61), Lamús, Tiago, André, Ander, Melguizo (Samuel, m.53), Soriano, Lucas (Bruno, m.61), Mociño (Nico, m.61) e Etien (De Blasis, m.73).
CVC Valladares: Fabián, Xabier, Jorge (Daniel, m.61), Luis (Garbiel, m.46), Regueiro (Maateo, m.88), Pedro (Jaime, m.75), Marcos (Rui, m.61), Rodrigo, Izan, Mario e Antón.
Árbitro: Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Añel Fernández e Martínez Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Etien (m.57) e Soriano (m.88) foron amonestados nos locais e nos visitantes viu cartón vermello directo a adestrador Juan Carlos García (m.90).
Goles: 1-0, m.25: Soriano. 2-0, m.65: Mociño, de penalti. 2-1, m.70: Antón.