SEGUNDA FUTGAL

1-0 | Cuarto triunfo consecutivo do Sénior

DOMINGO 08/03/2026 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF: 1 – CORTEGADA CF: 0 (1-0)

O equipo Sénior segue en boa liña tras sumar a cuarta vitoria consecutiva que o sitúa na sétima posición da Segunda Futgal con 43 puntos, a cinco da zona de promoción.

Un bonito gol de Noli tras unha asistencia de Moure, acabaría sendo decisivo para que os tres puntos quedaran na casa. O Cortegada foi un rival moi correoso que lle puxo as cousas moi difíciles aos pabellonistas.

Un remate ao traveseiro foi a súa mellor ocasión para haber nivelado o marcador na segunda metade, mentres que os locatarios tiveron varias ocasións tanto na primeira metade como na segunda para non chegar tan apurados ao final do choque cando máis apretou o rival buscando, cando menos, a igualada.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Paderne. Os do campo de Vista Hermosa superan en tres puntos aos branquiverdes.

Os capitáns de ambos equipos co árbitro do partido

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Enrique, Pedro, Pede, Mario, Sergio, Jhonny Merlo, Noli (Rober, m.86), Aldán, Óscar (Jhonny Nóvoa, m.61) e Moure (Xoel, m.74).

Cortegada CF: Pereira, Tejero (Martín, m.58), Fernando (Yeray, m.80), Óscar, Pablo, Hugo, Diego, Marcos, Adrián (Carlos, m.58), Víctor (Luis, m.58) e Aldo (Martín, m.80).

Árbitro: Juan Ramón Dapía Francisco (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Pedro (m.8), Jhonny Nóvoa (m.66) e Jhonny Merlo (m.80) nos locais e nos visitantes a Adrián (m.38), Hugo (m.78), Marcos (m.90) e expulsando por dobre cartón amarelo a Carlos (m.90).

Goles: 1-0, m.14: Noli.