LIGA NACIONAL XUVENIL

1-2 | O Xuvenil A cae no tramo final

DOMINGO 05/10/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF: 1 – URAL ESPAÑOL CF: 2 (0-1) 

Derrota do Pabellón no Miguel Ángel no partido correspondente á quinta xornada da Liga Nacional Xuvenil ante o Ural Español. Os ourensáns acumulan tres derrotas consecutivas que o deixan na metade da táboa con 6 puntos.

Un gol dos herculinos a un minuto do descanso pechou un primeiro tempo sen que ningunha das porterías pasara por apuros pero con maior posesión de balón visitante. O gol de Samuel, que había entrado no campo polo lesionado Chans, foi sen apenas ángulo de disparo sorprendendo a Roberto.

O inicio do segundo tempo foi alentador para os pabellonistas xa que en apenas vinte segundos Ander anotaría o tanto da igualada dando paso a un novo partido. Os minutos foron pasando sen que se rexistrasen novidades no marcador pese ás ocasións de uns e outros, ata que novamente Samuel colocaría o 1-2 a cinco minutos do final e que resultaría decisivo.

Na próxima xornada o Pabellón visita al Val Miñor B en Condomínguez.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Iván (Jesús, m.63), Bruno (André, m.74), Tiago Barbosa, Guille, Ander, Melguizo, Tiago Cerdeiro (Mancebo, m.79), Lucas, Veiras (Gael, m.63) e Iker Regueira (Nico, m.63).

Ural Español CF: Lucas, Chans (Samuel, m.22), Hugo (Sambade, m.75), Adrián, Brais, Armando, Naim (Diego, m.75), Sergio (Nicolás, m.61), Brian, Jacobo e Ismael (Leo, m.61).

Árbitro: Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Montero Álvarez e Alves Pereira (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Iker Regueora (m.57) e Ander (m.83) nos locais e nos visitantes a Lucas (m.90).

Goles: 0-1, m.44: Samuel. 1-1, m.46: Ander. 1-2, m.85: Samuel.