TERCEIRA FUTGAL-PROMOCIÓN DE ASCENSO

1-2 | O Senior toma vantaxe na ida

DOMINGO 01/06/2025 (18:00)  Campo: OUTEIRO (300)

BANDE FC : 1 – PABELLÓN CF : 2 (0-0)

O Pabellón deu un primeiro paso na eliminatoria decisiva da promoción de ascenso á Segunda Futgal, ao gañar no partido de ida ao Bande. Os branquiverdes gozaron de máis ocasións para que o marcador fose máis amplo.

Na primeira metade os de Toño Sanmartín souberon maniatar a un adversario que apenas puido levar perigo á meta defendida por Changui, despois de varios saques de esquina continuados no arranque de partido sen consecuencias. 

Rubén pugna por un balón con el jugador local Lito

Pola contra, os pabellonistas tiveron tres ocasións moi claras en remates de Nico, Noli e Pibe, a máis clara esta última nun centro de Nico ao que o dianteiro pese a arrastrarse non puido rematar a portería.

A segunda metade comezou cun Bande máis dominador, pero foron os capitalinos quenes tomaron vantaxe cun espectacular gol de Iker Requeira.

Con ese marcador os locatarios dominaron máis pero sen que Changui pasase apuros. No ecuador desta fase Lito disparou dende fóra do área e o meta branquiverde solventou a acción cunha boa intervención. Numan tivo o segundo para os de Toño Sanmartín pero o porteiro local desviou o balón cando iba camiño da rede.

O xuvenil Iker Regueira marcou o primeiro gol no Outeirio

Pasaban os minutos e o Bande dominaba xerándose moitas accións a balón parado. Nunha delas, despois de varios rexeites, o balón caeu nas botas de Quintas para empatar a escasos instantes do final.

Pero no tempo de desconto os pabellonistas tamén sacaron tallada da estratexia cunha falta lateral executada por Noli que Sergio rematou ao fondo da rede para colocar o que sería definitivo 1-2.

O próximo domingo está marcado o partido de volta no Miguel Ángel do que sairá o equipo que ascenda á Segunda Futgal.

Sergio anotou o tanto da vitoria no tempo de desconto

FICHA TÉCNICA

Bande FC: Gonzalo, Alén, Miguel, Teixeira (Koke, m.65), Joel (Mauro, m.80), Miranda (Adri, m.56), Dani (Héctor, m.80), Kava, Lito, Quintas e Vaneco (Iker, m.56).

Pabellón CF: Changui, Rober, Pedro, Luis, Aldán, Sergio, Rubén (Soriano, m.53), Numan (Mejuto, m.79), Nico (Miguel Ángel, m.79), Noli e Pibe (Iker Regueira, m.53).

Árbitro: Daniela Romero Machado, asistido nas bandas por González Rey e Alcázar González (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Alén (m.12) e Iker (m.83) nos locais e a Pedro (m.83) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.55: Iker Regueira. 1-1, m.87: Quintas. 1-2, m.90+2: Sergio.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral