LIGA NACIONAL XUVENIL

1-2 | Derrota do Xuvenil "A" nos minutos finais

SÁBADO 24/05/2025 (17:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 1 – CD AREOSA : 2 (0-1) 

O Pabellón non puido despedirse cunha vitoria do Miguel Ángel na penúltima xornada da Liga Nacional Xuvenil, ao caer nos minutos finais ante un Areosa que estivo mellor. Este marcador adverso deixa ao equipo con 58 puntos.

Os branquiverdes comezaron ben o partido ante un rival que se xogaba moito. Durante uns vinte minutos os locatarios mandaron no campo aínda que os vigueses foron os primeiros en avisar cunha vaselina de Madala que se marcharía alta. 

Ao fio do cuarto de hora chegaría o gol pabellonista nunha contra finalizada por Etien. Incluso a vantaxe puido incrementarse cun balón ao traveseiro de Melguizo.

Ander avanza co balón ante a presenza dun rival

Prácticamente no ecuador do primeiro tempo o Areosa pasou a controlar a situación ante un cuadro local impreciso, pero o descanso chegaría co 1-0.

Na segunda metade o técnico visitante fixo catro trocos que lle deron aínda máis vida aos olívicos, que dispuxeron de varias ocasións para anotar nas que o meta Abraham estivo moi preciso en varias intervencións.

Os locatarios apenas inquietaron a meta rival neste periodo e foi nos minutos finais cando os visitantes lle deron a volta ao marcador. Primeiro cun gol de Ezequiel e despois cun penalti anotado por Daniel.

A próxima fin de semana pecharase a competición coa visita ao Ural Español de A Coruña.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Tiago, Samuel Ferraz (Iván, m.65), André (Samuel Villar, m.77), Nico (Lamús, m.65), Ander, Melguizo, Soriano, Mociño (Bruno, m.59) e Etien.

CD Areosa: Guillermo, Xurxo, Izan, Alejandro, Luca (Liam, m.46), Justín (Juan Carlos, m.46), Hugo (Saúl, m.46), Álex (Lucas, m.70), Madale, Iker (Ezequiel, m.46) e Daniel.

Árbitro: Álvaro Cid Rodríguez, asistido nas bandas por Rodríguez Grande Baltasar e Alves Pereira (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Iván (m.60) y Fabio (m.90+4) nos locais e a Xurxo (m.56) e Justín (m.90+6) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.14: Etien. 1-1, m.88: Ezequiel. 1-2, m.90+5: Daniel, de penalti.