LIGA NACIONAL XUVENIL

0-2 | Dous paos e un penalti errado matan ao Xuvenil A

DOMINGO 08/03/2026 (12:00)  Campo:  MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF: 0 – ALONDRAS CF: 2 (0-0) 

O Xuvenil A caeu na casa nun partido directo pola permanencia na Liga Nacional Xuvenil nun enfrontamento na que a fortuna pasou de largo polo Miguel Ángel.

O conxunto de O Morrazo mandou durante os primeiros vinte e cinco minutos aínda que sen crear perigo na portería local. Posteriormente foron os pabellonistas quenes gozaron de tres claras ocasións para haberse adiantado no marcador. Primeiro nun balón ao pao de Iker Regueira e posteriormente en dúas accións de Nico, a primeira cun remate de cabeza que se foi fóra e a segunda un balón ao que non chegaría a tocar paseándose o balón dentro da área pequena.

Antes desteas accións o extrerior branquiverde Álex Riveiro tivo que abandoar o terreo de xogo por un pinchazo muscular. A primeira parte remataría sen goles.

Tiago Cerdeiro intenta un pase ante a presenza do cangués Cordeiro

Nos primeiros minutos da reanudación os de Rubén García tiveron a oportunidade de marcar pero o penalti executado por Lucas, moi activo todo partido, desviouno o meta visitante. Ao borde do cuarto de hora chegaría o primeiro gol visitante por medio de Aarón. A resposta local estivo nun balón ao travesaño de Lucas e posteriormente nun centro ao que Jesús non puido chegar.

Puxo todo da súa parte o cadro local pero a escasos minutos do final recibiría una estocada mortal ao anotar o Alondras o segundo tanto por medio de Sacau.

A derrota, quinta consecutiva, deixa ao equipo en zona de descenso por arrastre con 25 puntos. Na próxima xornada visitan ao Deportivo "B" en Abegondo.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Iván (Gael, m.55), Bericat, Tiago Barbosa, Guille (Fabio, m.73), Tiago Cerdeiro (Simón, m.73), Ander, Nico, Álex Riviero (Jesús, m.35), Lucas e Iker Regueira.

Alondras CF: Gabri Castro, Simón (Lucas, m.60), Ditano, Pablo Pérez, Breijo, Danilo, Cordeiro (Abalde, m.79), André, Mario, Gabri Fernández (Sacau, m.64) e César.

Árbitro: Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Guzmán Falcón e Lorenzo Soto (Comité Galego-Ourense). Amonestaron nos locais a Iván (m.52), Guille (m.86), Gael (m.89), Bericat (m.90) e Tiago Cerdeiro (m.90). Nos visitantes viron cartón amarelo Pablo Pérez (m.65) e Lucas (m.89).

Goles: 0-1, m.59: Aarón. 0-2, m.86: Sacau.