LIGA NACIONAL XUVENIL

4-2 | Vitoria dun Xuvenil "A" de menos a máis

DOMINGO 11/05/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 4 – AJ LÉREZ : 2 (2-1) 

O Pabellón impúxose al AJ Lérez no choque da xornada trinta e unha da Liga Nacional Xuvenil nun partido no que a última hora non puido estar o técnico principal Iván Alonso por motivos de saúde, ao igual que o meta Abraham e Soriano, lesionado o sábado xogando co equipo Senior.

Os dirixidos nesta ocasión por Xoel Docampo tiveron que remontar o tempraneiro gol de Goitia para os visitantes. Así, apenas traspasada a media hora de xogo os locatarios xa mandaban no marcador cos tantos de Etien, de penalti, e Lucas, chegándose ao descanso cun 2-1.

Na segunda metade os visitantes conseguirían igualar o choque nunha acción de Rodrigo aos quince minutos. A partir dese momento chegarían os mellores minutos dos pabellonistas, asegurando a vitoria con dous goles nos dez minutos finales cun dobrete de Mociño e para sumar 55 puntos colocados na sexta praza.

Na próxima xornada os branquiverdes visitan ao Alondras no campo de O Morrazo na antepenúltima data da competición. 

O celanovense Mociño anotou os dous últimos goles branquiverdes

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Brais, Jorge, Lamús (Mociño, m.67), Tiago, André, Melguizo (Bruno, m.56), Ander, Julián, Lucas (Fabio, m.85), Nico (Iván, m.67) e Etien (Samuel Villar, m.85).

AJ Lérez: Saúl, Marco, Rodrigo, Martín, Carlos, Ezequiel (Álex, m.46), Goitia, Daniel, Saúl (Miguel, m.78), Aarón (Gustavo, m.84) e Rubén.

Árbitro: Brais Rodríguez García, asistido nas bandas por Prendes Cacabelos e Gallego Cabanas (Comité Galego-Ourense).Amonestaron a Melguizo (m.49) nos locais e a Aarón (m.50) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.5: Goitia. 1-1, m.20: Etien, de penalti. 2-1, m.31: Lucas. 2-2, m.60: Rodrigo. 3-2, m.80: Mociño. 4-2, m.89: Mociño.