SEGUNDA FUTGAL

3-1 | O Sénior gaña e métese en zona promoción

DOMINGO 26/04/2026 (17:45)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF: 3 – CD RÚA: 1 (1-0)

O equipo Sénior impúxose ao conxunto valdeorrés no partido da 31ª xornada da Segunda Futgal no que os visitantes venderon cara a derrota. Trátase da décima vitoria consecutiva para os de Toño Sanmartín, que ademáis veu acompañada polo acceso a posto de promoción de ascenso despois dos marcador desta xornada.

Aldán abriría o marcador aos vinte e catro segundos nunha primeira metade de realativa igualdade na que os locais pisaron máis área que o rival, chegándose ao descanso con esa renda mínima. O inicio do segundo tempo non foi bo xa que os visitantes empatarían nunha contra finalizada por Hugo cando apenas habían transcurrido tres  minutos.

Os branquiverdes entraron en postos de promoción

Con partido novo apareceu novamente Aldán para firmar un dobrete tras anotar o segundo dos pabellonistas seis minutos máis tarde e conceder certa tranquilidade aos seus. Sen embargo, a incertidume apoderouse do partido xa que os pabellonistas non daban pechado o encontro e en calquera xogada do rival podía caer o empate. Soamente puideron respirar tranquilos cando Xoel anotaba o 3-1 tras unha asistencia de Óscar, que habían entrado xuntos ao campo.

Restan tres xornadas para que remate a competición e o Pabellón visitará ao Raio Alaricano na próxima data para posteriormente recibir ao Caldelao e pechar a liga en Coles.

Os capitáns de ambos equipos con colexiado

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Rober (Enrique, m.59), Pedro, Pede, Mario, Sergio, Jhonny Merlo (Raúl, m.59), Aldán, Numan (Xoel, m.72), Moure (Óscar, m.72) e Jhonny Nóvoa.

CD Rúa: Brais (Denis, m.46), Asier, Jesús, Wilker (Azael, m.46), Adrián, Pedro, Eric (Iker, m.79), Hugo, Aimar, Jorge (Borja, m.79) e Juan (Suso, m.46).

Árbitro: Samuel Banga Arancey (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Jhonny Merlo (m.49) e Óscar (m.90) nos locais e nos visitantes a Eric (m.37). Expulsou ao adestrador visitante Javier Ferrer (m.85) por dobre cartón amarelo.

Goles: 1-0, m.1: Aldán. 1-1, m.48: Hugo. 2-1, m.54: Aldán. 3-1, m.90: Xoel.