Campaña de Captación

¿Queres xogar connosco?

Todos aqueles deportistas, nacidos entre o ano 2004 e 2012, que estean interesados en formar parte dalgún dos equipos do noso club para a próxima tempada 2019/2020, poderán inscribirse para realizar adestramentos cos grupos da súa categoría nas datas de comezo da pretempada dos diferentes conxuntos e que se comunicarán oportunamente.

Os interesados terán que encher o seguinte FORMULARIO e unha vez cuberto envialo por correo electrónico á conta pabellonourensecf@gmail.com, por fax ao 988980500 ou en persoa na oficina do club no campo de Os Remedios en horario de 18.30 a 20.30 de luns a venres. O club poñerase en contacto cos interesados para informarlle da data e hora de comezo dos adestramentos.

 
IMPORTANTE: O primeiro día de adestramento, terá que traer esta AUTORIZACION do pai/nai/titor, xa que sen ela, o Club non lle pode autorizar a adestrar. Para máis información, pódese chamar ao teléfono gratuíto 900809242, en horario de 18.00 a 20.00 horas, de luns a venres.