SEGUNDA FUTGAL

Previa | O Senior quere aproveitar a inercia positiva

Pabellón CF - CD Arenteiro B (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 30, 16:00 horas):

O Senior afronta esta fin de semana un novo compromiso no Miguel Ángel recibindo ao Arenteiro B, nunha cita da xornada 13ª da Segunda Futgal.

Trátase dun duelo directo entre dous equipos instalados na zona media da táboa pero separados por só catro puntos. Os pabellonistas chegan á cita na novena posición con 19 puntos, impulsados pola magnífica dinámica recente que lles permitiu encadear dúas vitorias consecutivas ante rivais situados na zona alta do grupo. Un impulso de confianza que o cadro blanquiverde quere transformar en máis solidez na casa e nun novo paso cara ao obxectivo da permanencia.

Pola súa banda, o Arenteiro B, décimo con 15 puntos, está a protagonizar unha tempada chea de contrastes, especialmente entre o seu rendemento como local e como visitante. Na Uceira destaca por ser un equipo arrollador: 25 goles anotados, segundo mellor rexistro da competición. Non obstante, lonxe da casa a súa produción ofensiva cae de forma drástica: só 5 tantos marcados, sendo un dos conxuntos menos goleadores a domicilio.

No apartado defensivo a tendencia tamén chama a atención: o filial carballinés encaixou 14 goles como local, pero fóra apenas 6, mostrando unha maior seguridade cando actúa como visitante. Os seus 5 puntos a domicilio – froito dunha vitoria e dous empates – amosan que é un rival competitivo e difícil de bater fóra do seu feudo.

Os pabellonistas son novenos na táboa con 19 puntos

O Arenteiro B iniciou a liga con forza, encadeando seis xornadas sen perder, pero posteriormente entrou nun bache con catro partidos sen gañar máis o encontro aprazado no campo do Piñeira Seca. A pasada xornada recuperou sensacións cunha contundente goleada fronte ao Cenlle, un resultado que chega como advertencia do seu potencial.

O Pabellón, pola súa parte, quere aproveitar o bo momento, reforzar o seu xogo no Miguel Ángel e seguir escalando na clasificación. O equipo chega con confianza, compromiso e a intención clara de facer valer o factor campo.

Preséntase, pois, un partido atractivo, entre dous conxuntos que buscan consolidarse na zona tranquila da táboa. Cada detalle pode ser determinante nun choque chamado a ser moi competido.

Por diferentes situacións nos pabellonistas non estar Xoel, RubénChangui, Enrique, Cacha e Numan. Con respecto á pasada semana recupera a Guzmán.

Para a labor arbitral está designado Juan Francisco Queija Domínguez. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 13.