O Pabellón Promesas, campión da 1ª Futgal Alevín

O Pabellón Promesas proclamouse campión da 1ª Futgal Alevín a falta dunha xornada para o final da competición. Os de Quique Serantes e Luis Álvarez, que tam´ñen están nas semifinais da Copa Deputación, adiantaron o alirón ao gañar a pasada fin de semana a domicilio ao Ourense CF, que era o seu inmediato perseguidor e ao que superan en oito puntos.

Os branquiverdes afrontarán o 9 de maio a Fase Galega Sur que se celebrará en Gondomar coa participación de outros sete equipos que configurarán dous grupos de catro conxuntos. Os dous finalistas accederán á Fase Final unha semana máis tarde na Illa de Arousa.

VER MÁIS INFORMACIÓN.