DEPORTE INCLUSIVO
O Celta Integra-Ourense iniciou a LGDA de Fútbol 8
04 de marzo de 2026 (16:40 h.)
As Instalacións da Cidade Deportiva de A Madroa en Vigo, acolleron este mércores a 1ª xornada da Liga Galega de Deporte Adaptado de Fútbol 8, organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, na que participou o Celta Integra-Ourense.
O equipo que dirixen Juan Varela e Ramón Giraldo tivo un bo comezo de competición despois de gañar un partido e empatar outro nesta primeira data do calendario.
A competición continuará, ao iguala que na de Fútbol Sala, nas vindeiras semanas, consolidando unha iniciativa que cada ano gaña en participación e relevancia dentro do deporte adaptado galego.