As Seleccións Galegas Sub-16 e Sub 14, en Ourense
As Seleccións Galegas Sub-16 e Sub 14 estarán este mércores en Ourense para disputar sendos partidos de adestramento ante os equipos do Pabellón da Preferente Xuvenil e Preferente Cadete.
O campo de O Corgo en Soutopenedo acollerá ambos enfrontamentos. O primeiro deles ás 17,15 horas, entre os máis pequenos, e o segundo ás 19 horas, entre os maiores.
Cos conxuntos galegos están citados Matías López (Sub-16) e Teo Fernández (Sub-14), neste caso para optar a unha das prazas de Sub-13.
Os equipos galegos está en fase de construcción de cara á participación na 1ª Fase do Campionato de España que se disputará entre o 31 de outubro e o 2 de novembro en sede e rivais aínda por establecer.
VER CONVOCATORIAS E MÁIS INFORMACIÓN.
Parabéns por esta convocatoria!!!