Desde hai máis de 20 anos o Pabellón Ourense CF conta cunha Escola de Iniciación ao Fútbol na que a súa función social veu a ocupar unha franxa que o fútbol base non podía atender: a posibilidade para moitos nenos e nenas que querían iniciarse na práctica deste deporte, e tamén mellorar as súas capacidades. A Escola foi medrando progresivamente ata acadar unha media de 100 deportistas, moi preto do límite de capacidade das instalacións que nos facilita o Consello Municipal de Deportes. Dende a tempada 2011-2012 denomínase Escola de Iniciación "José Luis López Iglesias", que foi o fundador do Pabellón Ourense CF no ano 1972 e que na actualidad ocupa o cargo de Presidente de Honra.
Aínda que esta actividade é a antesala do paso ós equipos federados do Pabellón Ourense CF, tamén intentamos orientar a saída dos alumnos que non teñen entrada nos nosos equipos federados cara a outros clubs colaboradores, onde poidan continuar a súa traxectoria deportiva.
Nos últimos anos a Escola de Iniciación ao Fútbol pechou prácticamente a posibilidade de realizar probas de acceso cara ós equipos do club. Polo tanto, case a única vía de acceso que existe na actualidade son: a través do paso natural da Escola ós equipos inferiores ou pola captación que realizan os técnicos e observadores do Pabellón Ourense CF.
1.- Educar mediante a acción física-recreativa de carácter deportivo. Preténdese que o neno se inicie na práctica do deporte, dende os seus coñecementos básicos, entendendoa como unha actividade de tempo libre, recreativa, formativa e educativa. A través da aprendizaxe do deporte que a eles máis lles gusta, pódese chegar a unha formación integral da sua personalidade individual, colectiva, humana, creativa en corpo e mente e ó encauzamento da sua formación deportiva, alonxada dos perigos que nesta sociedade se poden encontrar.
2.- Crear un estado de participación no deporte, implicando formal e informalmente ós pais.
3.- Obxetivos específicos de carácter técnico relacionados coa mellora das capacidades coordinativas:
Capacidade de Orientación.
Capacidade de Combinación.
Capacidade de Diferenciación.
Capacidade de Equilibrio.
Capacidade de Reacción.
Capacidade de adaptación a diferentes situacións.
Aprendizaxe e desenvolvemento de:
a.- Diferentes formas de golpeo do balón con ambas pernas utilizando as seguintes superficies: empeine interior e exterior, empeine total, interior do pe e planta do pe.
b.- Golpeos coa testa: frontal e occipital.
c.- Recepción con toda a superficie corporal, ben sexa a través de amortiguamentos, controis orientados ou semi-orientados.
d.- Fintas e regates con ambas pernas.
e.- Conducción en línea recta, curva, con cambios de dirección, en cuadrado etc…
f.- Golpeos do balón estático e en movemento, con carreira previa e sen carreira previa.
g.- Exercicios de habilidade estática e dinámica.
4.- Mellorar os recursos psicomotrices e sociomotrices dos alumnos segundo as súas propias capacidades.
Educación polo movemento.
Habilidades motrices básicas: esquemas motrices, patróns motrices, coordinación en todas as súas manifestacións, etc…
Destrezas deportivas específicas.
5.- Ofrecer un soporte ó Pabellón Club de Fútbol para mellorar os niveis de xogo e organización de competicións.
O curso vai dirixido ós nen@s nados nos anos 2011, 2012 e 2013.
Unha cuota única por todo o curso de 120 Euros e darse de alta como aboado do Pavillón dos Deportes no último trimestre do 2017 (19 Euros) e primeiro semestre do 2018 (29 Euros aproximadamente). Os alumnos novos terán que adquirir a roupa de adestramento oficial da Escola na tenda deportiva que sinalará o club composto por camiseta, pantalón e medias. O custo total dos dez meses de curso contabilizando todos os requisitos é duns 200 euros aproximadamente.
Do 22 de xuño ao 22 de setembro de 2017. Deberá encherse este FORMULARIO DE INSCRICIÓN e presentalo por fax ao 988980500 ou por correo electronico a pabelloncf@pabelloncf.com.
De outubro de 2017 a xuño de 2018.
Formaránse grupos de traballo distribuidos por ano de nacemento. Os horarios axustaránse ás horas facilitadas polo Consello Municipal de Deportes con grupos de 17 a 18 horas e de 18 a 19 horas en diferentes días da semana.