El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Xuvenil "A" completou a primeira semana de adestramentos

Foto círculo central
O equipo dirixido por Cándido Gómez pechou este venres a primeira semana dunha pretempada na que a RFEF comunicou que a competición comezará a fin de semana do 31 de octubre e 1 de novembro.

O Pabellón Ourense Club de Fútbol da División de Honra Xuvenil finalizou a primeira semana de pretempada este venres nas instalacións de Os Remedios as ordes de Cándido Gómez. O equipo descansará esta fin de semana para retomar a actividade o vindeiro luns.

Sistema de competición

No Campionato Nacional de Liga da División de Honra Xuvenil 2020-2021 participarán un total de 142 clubs, distribuídos en sete grupos -seis de 20 equipos e un de 22-, divididos cada un, a súa vez, en dous subgrupos de 10 ou 11 conxuntos cada un deles.

A competición desenvolverase en dúas fases diferentes. A primeira arrincará a fin de semana do 24 e 25 de outubro únicamente no Grupo 4 (Andalucía), mentres que a primeira xornada do resto de grupos disputarase entre o 31 de outubro e 1 de novembro. A data prevista para o final desta fase será o 7 de marzo.

Disputaranse un total de 18 encontros para os grupos de 20 equipos e en 20 partidos para o grupo de 22 conxuntos, a dobre volta. Os clubs que se clasifiquen nos cinco primeiros postos de cada subgrupo accederán á Segunda Fase para a Copa de Campións, mentres que os que ocupen as restantes posicións accederán á Segunda Fase pola Permanencia na División de Honra.

Cabe destacar que os puntos obtidos na primeira fase, así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase, comezando cada equipo a súa fase específica cos puntos e goles obtidos na Primeira Fase. No grupo de 22 equipos calcularase o coeficiente, sendo este mesmo o que se arrastre ás fases específicas as que accedan.

 

O Xuvenil "A" completou a primeira semana de adestramentos