El tiempo
miércoles. 17.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Xornada equilibrada no Fútbol 11

P2010499
Tres vitorias, dous empates e tres derrotas foi o balance dos oito partidos que disputaron os nosos representantes nas diferentes competicións do Fútbol 11.

Vitoria do Pabellón CF "B" no campo de O Morrazo (1-2) contra o Alondras CF "B" nun partido da Liga Galega Xuvenil gañado a base de casta diante dun rival que xogou ao límite. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto despois de que un riguroso penalti anotado polos locatarios neutralizase o gol de Pablo Hermida aos dous minutos. Na segunda metade un bonito tanto de Anxo a quince minutos do final serviría para sumar os tres puntos cun longo tempo de prolongación no que ambos equipos quedarían con dez, sendo expulsado polos nosos Lucas. O equipo é líder en solitario do grupo.

Reparto de puntos no campo de Os Remedios (1-1) nun partido cun tempo para cada equipo na cita do Pabellón CF"C" co CD Allariz na 1ª Autonómica Xuvenil. Na primeira metade mandaron os de Marcial González, que ademáis do tanto de Gabriel Pereiro nos primeiros minutos, dispuxeron de ata seis ocasións para que a renda ao descanso fose maior.  Na segunda parte os alaricáns pasaron á ofensiva e cun fútbol agresivo e directo levaron perigo á meta local chegando o tanto da igualada nunha delas.

O Pabellón CF da División de Honra Cadete superou nos Remedios (4-1) ao Bertamiráns CF, nun choque no que os de Abel Afonso fabricaron a vitoria na primeira metade con tres goles, o primeiro en propia meta do santiagueses máis os de Mauro e Jaime. No segundo tempo o equipo santiagués estirou liñas pero sen chegar a inquietar a portería pabellonista. Unha pérda de balón  orixinaría o claro penalti que aproveitarían os visitantes para acortar distancias. Con dez minutos por diante un choque foi un ir e vir pero sen grandes ocasións, ata que un bonito tanto de Jaime co tempo prácticamente cumprido sentenciada o partido. Na celebración foi expulsado o local Amanuel. Despois de cinco xornadas o equipo suma 9 puntos.

Nada puido facer o Pabellón CF "B" no reducido campo de terra do Colexio Hogar (7-2) na Liga Galega Cadete. Con empate a douses, con goles de Amills e Raúl para os nosos, chegaría un penalti moi protestado polos pabellonistas que permitiría ao cadro local tomar vantaxe. Cos branquiverdes fóra do partido pola acción anterior, o cadro colexial ampliaría distancias para chegarse ao descanso cun 4-2. No arranque da segunda parte os vigueses ampliarían distancias co quinto tanto e máis tarde un novo penalti serviría para que os locatarios puxesen máis terra polo medio, nunha acción na que Roy sería expulsado por dobre cartón amarelo. Xa no desconto chegaría o sétimo dos olívicos. Transcurridas cinco xornadas os nosos suman 7 puntos.

O Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Cadete foi vítima dos seus propios fallos para caer no campo do CP Calasancio (2-0) nun partido que estuvo máis ou menos igualada. Ao descanso valía o tempraneiro tanto dos monfortinos e con ese resultado adverso os nosos reclamarían un penalti ao tempo que tamén lles foi anulado un gol. Avanzada a segunda parte chegaría o segundo do cadro local.

Os catro goles que marcou o Pabellón CF na Xunqueira co AJ Lérez serían os que finalmente figuraban no macador ao final dos oitenta minutos (0-4) no choque da Liga Galega Infantil. Os de Rubén García  sumaron os tres puntos sen grandes alardes. Ibai, Ismael, Lecompte e Álex Prieto marcaron os tantos.

Sumou un punto (1-1) o Pabellón CF "B" na visita ao CD Barco na 1ª Autonómica Infantil. Nun campo de reducidas dimensións o xogo centrouse nunha primeira metade en accións de disputa e segundos balóns. O cadro valdeorrés sería o primeiro en marcar na primeira aproximación á meta visitante, chegándose ao descanso con ese marcador despois de que os nosos desproveitasen dúas accións a balón parado.

Os de Juan Carballo estiveron mellor na segunda parte e como premio chegaría o gol do empate de Hugo Alcázar. Con quince minutos por diante os nosos buscaron a vitoria que tivo Antón nun man a man co meta local que se se foi fóra por pouco.

Derrota na 1ª Autonómica Infantil do Pabellón Promesas (2-3) nos Remedios contra unha EDC Xinzo que aínda non puntuara. O maior físico do rival en postos determinantes acabaría marcando o devenir do. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto despois de que Joaquín adiantase aos nosos. Na segunda metade dúas contras, cos nosos excesivamene adiantados, pemitirion que os limiaos se fosen no marcador e pese que houbo ocasións para, polo menos empatar, o segundo tanto de Joaquín foi insuficiente.

 

Xornada equilibrada no Fútbol 11