El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ural CF, primeiro rival do Xuvenil "A"

Foto círculo central

A RFEF deu a coñecer este luns as composicións dos subgrupos en cada un dos sete grupo da División de Honra Xuvenil e tamén publicou o calendario de competición que arrancará a fin de semana do 31 de outubro e 1 de novembro. O Ural CF da Coruña será o primeiro rival.

O debut do conxunto de Cándido Gómez será no campo Miguel Ángel-Os Remedios coa visita dun Ural CF que está a configurar un equipo moi potente na que será a súa terceira campaña consecutiva na elite estatal.

Na segunda xornada o Pabellón rendirá visita ao RC Celta na Madroa. Os olívicos acabaron a pasada campaña -ata a paralización- sen coñecer a derrota e por tal motivo, como mellor campión estatal, participará por primeira vez na Youth League que acaba de gañar o Real Madrid CF.

Tal e como estaba previsto o subgrupo no que participarán os nosos será cos dez conxuntos galegos, mentres que asturianos e cántabros configuran o outro.

VER CALENDARIO SUBGRUPO 1A (Galicia)

VER CALENDARIO SUBGRUPO 1B (Asturias-Cantabria)

O Ural CF, primeiro rival do Xuvenil "A"