Imprimir

Tres puntos máis para o Xuvenil "A"

Pabellón Club de Fútbol | 23 de septiembre de 2019

Terceira xornada consecutiva con resultado positivo para o Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil despois de dobregrar nos Remedios ao Porriño Industrial (2-1). Iago Varela e Carracelas anotaron os goles.

Os branquiverdes sacaron adiante un partido complicado diante dun rival moi correoso. As cousas comezaron ven para os nosos, cun gol de Iago Varela nos primeiros compases de partido e posteriormente habería un par de ocasións máis para ampliar a vantaxe pero sen fortuna na resoluición.

O Porriño comezaría a levar certo perigo á meta local e sería por medio dunha falta directa cando chegaría o empate ao borde do minuto vinte de xogo. Ata o final da primeira metade apenas habería ocasións para uns e outros, chegándose ao descanso con táboas (1-1).

No arranque do segundo tempo os pabellonistas fabricarían o gol que ao final lle daría a vitoria, ao resolver Carracelas unha acción ao borde do área pequena (2-1). Quedaban moitísimos minutos ata o final do choque pero o marcador permencería inamovible.

Os visitantes intentarono por arriba pero nese aspecto a defensa local estivo infranqueable. No medio de todo iso o ourensán Osian tivo que abandoar o terreo de xogo cun corte nun brazo e Nos últimos instantes o Porriño quedaría cun home menos pola expulsión de Nicolás. Ver ficha técnica.

Despois de tres xornadas o equipo suma un pleno de vitorias e na próxima xornada visitan ao CD Areosa en terras viguesas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/blog/tres-puntos-mais-para-o-xuvenil-a/20190923111504002436.html


© 2020 Pabellón Club de Fútbol

PABELLÓN CLUB DE FÚTBOL

Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2 - 32003 Ourense
Correo electrónico: [email protected]
Teléfono: 900809242
Fax: 988980500