El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Superou ao Alondras co gol de José Ramón nos últimos minutos

P2010457
Segue a boa racha do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil ao elevar a doce as xornadas que leva sen perder despois de superar no Morrazo (0-1) ao Alondras CF cun gol de José Ramón a tres minuto do final.

Tendo en conta os enfrontamemos que deparaba a xornada, os branquiverdes eran conscientes de que unha vitoria en Cangas podería darlle unha renda considerable se noutros campos caían algúns dos seus rivais na zona de ascenso nestes intres. E así foi. O equipo gañou e salvo o Choco, o resto de acompañantes caían: Pontevedra, Rápido de Bouzas e soprendentemente o Areosa, non sumaron.

De xogar para conseguir a permanencia, obxectivo marcado para esta tempada, o equipo vese inmerso nunha situación moi motivadora ao ocupar a primeira praza de ascenso. A xornada deixou ao equipo na terceira praza do grupo con cinco puntos de renda sobre o Choco e a sete -máis o coeficiente particular- do Areosa. Ver clasificación.

De todos os xeitos queda moito por diante -doce xornadas- e na próxima que será despois dos carnavais, visitará Os Remedios o RC Celta "B", líder destacado.

En canto ao partido, foi feo, con dous equipos exercendo moita presión na zona central do campo. O traballo no aspecto defensivo do equipo foi impeclabe, deixando soamente que o rival disparase unha vez á meta ourensán nos noventa minutos.

Os de Cándido Gónez disfrutaron de dúas ocasións moi claras nas botas de Osián e Janfry antes de que José Ramón anotase o gol que supuxo a vitoria a tres minutos do final. O mellor foron os tres puntos que sumou o equipo. Ficha técnica.

Superou ao Alondras co gol de José Ramón nos últimos minutos