El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Foi moi superior aos Chaos nos Remedios

P2020117
O comezo da segunda volta na Terceira Galicia deixou unha ampla vitoria (8-0) do Pabellón CF nos Remedios contra o CF Os Chaos. Os goles chegaron por medio de Santi (3), Óscar Vivián (3), Álex Caramés e un en propia meta.

Á media hora de partido o equipo xa anotara tres goles cos que se chegaría ao final dunha primeira metade na que os visitantes quedaron con dez pola expulsión dun xogaron no último minuto e cun claro dominio local.

O arranque do segundo tempo deixaría un novo tanto e a insistencia en ataque que exerceron os pabellonistas trouxo tres dianas máis para pechar o marcador. Ver ficha técnica.

Despois desta vitoria o equipo comparte a segunda praza co CD Cea, ambos con 32 puntos. Ver clasificación. Na próxima xornada visitan ao CD Vilar de Barrio no campo de A Corga.

Foi moi superior aos Chaos nos Remedios