El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Empate do Xuvenil "A" co Ourense CF (1-1)

P2010794
O campo Miguel Ángel-Os Remedios acolleu este domingo pola mañá un dos derbis capitalinos da Liga Nacional Xuvenil entre Pabellón CF e Ourense CF que se resolveu con táboas (1-1). Yago Ribao fixo o gol dos nosos e Samuel o dos visitantes, ambos na primeira metade.

Non houbo moito fútbol nun partido no que ambos conxuntos priorizaron en non complicarse a vida na súa parcela defensiva o que levou a que houbese moi poucas ocasións de gol para ambos lados. Na primeira parte, despois duns minutos iniciais moi fortes dos visitantes, a igualdade estivo presente aínda que foron os nosos quenes tomarían vantaxe no marcador cun tanto de Yago Ribao no minuto vinte e catro. O central local rematou en primeira instancia un centro coa testa que foi repelido polo meta rival para que de novo o pabellonista aproveitase o rexeite para enviar o balón ao fondo da rede.

O partido apenas variou despois desa acción ata que no último instante do primeiro tempo unha innecesaria falta próxima ao área local aproveitouna o Ourense CF para empatar por medio de Samuel. Un gol dos chamados psicolóxícos. Antes os visitantes reclamaran un penalti no área branquiverde que o colexiado non interpretou como tal.

Na segunda metade os de Oira levaron máis a iniciativa durante os primeiros vinte minutos ante un cadro local impreciso co balón e en ocasións algo precipitado. Despois desa fase o Pabellón pareceu recuperar terreo, mentres pasaban os minutos sen que as ocasións de gol aparecesen polo que o marcador non se moverían neste segundo acto finalizando o partido co empate a un tanto. Ver ficha técnica.

Con este punto os pabellonistas ocupan a terceira praza da categoría con 13 puntos, en zona de ascenso xunto co CD Choco. Ver clasificación. Na próxima xornada os de Cándido Gómez visitan á ED Val Miñor "B" de Nigrán en Condomínguez.

Empate do Xuvenil "A" co Ourense CF (1-1)