El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

VII CAMPUS CATIVO

Rematou unha edición máis do Campus Cativo

P2000850

O campo dos Remedios acolleu este xoves a xornada de clausura do VII Campus Cativo que se desenvolveu durante dúas semanas cunha nutrida participación de nen@s nados entre o 2012 e o 2015.

Foron cinco días, un menos do previsto polas malas condicións climaolóxicas, de intensa actividade sobre o campo de herba artificial dos Remedios e co apoio da instalación de Indoor. Os monitores puxeron todo o empeño para que os preto de 78 participantes disfrutasen o mellor posible en cada unha das sesións.

Na xornada de clausura tivemos representación da Fundación RC Celta, que tivo uns detalles para cada un dos participantes e tamén sorteáronse artigos do club céltico. O Pabellón CF agradece estes detalles por parte da organización celeste.

Rematou unha edición máis do Campus Cativo