Imprimir

Pablo Gil adestrará ao equipo Alevín “A”

Pabellón Club de Fútbol | 02 de septiembre de 2020

Pablo Gil  será o encargado de adestrar ao equipo Alevín “A” na tempada 2020-2021. Terá como axudante a Paco Bermejo.

José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Pablo Gil na dirección do noso equipo Alevín “A”, que xogará en 1ª División.

Terá como axudante a Paco Bermejo.

Pablo Gil ten os títulos de monitor de Fútbol e Fútbol Sala. Comezou adestrando no noso club, pasando polo C.D. Ourense e E.D.Barbadás. En categoría Senior estivo no Antela C.F. e na Peroxa C.F.

Como xogador iniciouse no noso club pasando por tódalas categorías ata xuvenil. Fichou polo Paderne onde estivo durante sete anos.

“Gústame que os nenos aprendan a través do xogo, propoñendo situacións para as que eles mesmos atopan solucións. Creo que a mellor forma de entender o xogo é experimentando e non dándolles pautas que non entenden por que”.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/blog/pablo-gil-adestrara-ao-equipo-alevin/20200901225335002918.html


© 2020 Pabellón Club de Fútbol

PABELLÓN CLUB DE FÚTBOL

Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2 - 32003 Ourense
Correo electrónico: [email protected]
Teléfono: 900809242
Fax: 988980500