El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Pabellón CF visita ao Choco en xornada dominical

PabellónCF-Division Honor
J3-PabellónCF-CDLugo_6

Os de Cándido Gómez renden visita este domingo 22 de novembro (12:00 horas) o CD Choco, colista da División de Honra Xuvenil.

 

O Municipal de Santa Mariña acolle en xornada dominical o duelo do noso Xuvenil “A” co colista da competición, CD Choco, aínda que estes teñen un partido menos xa que teñen adiado o partido da xornda 1 ante o CD Conxo Santiago.

 

J3-PabellónCF-CDLugo_12Os rapaces de Cándido Gómez chegan coa moral a tope grazas a exhibición do pasado domingo ante o CD Lugo, a os que derrotaron por 3-1 tras una primeira metade futbolísticamente case perfecta, na que os lucenses non souperon reaccionar a avalancha local, que demostraron a pasta da que están feitos tras no desmoronarse da dura derrota ante o Celta, demostrando que están collendo o pulso da categoría.

 

O CD Choco chega coa necesidade  de puntuar para non verse descolgado, cousa que os fai un rival moi perigoso, que non vai poñer nada fácil o encontro e que para traerse os tres puntos vai haber que traballar coa mesma intensidade de sempre, ou se cabe, aínda máis.

O Pabellón CF visita ao Choco en xornada dominical