El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

O Pabellón quere recuperar as boas sensacións do partido ante o Lugo

J3-PabellónCF-CDLugo_23
J3-PabellónCF-CDLugo_23
Os de Cándido Gómez reciben este domingo 29 de Noviembre dende as 12:00 horas no campo Miguel Ángel- Os Remedios, ao CD Calasanz na que será a 5ª xornada da liga de División de Honra Xuvenil. O clube xa completou o aforo permitido.

 

O Pabellón CF xuvenil chega ao encontró buscando resarcirse da derrota ante o Choco (1-0) en Redondela a pasada xornada, partido no que sairon imprecisos, pero pouco a pouco foron meténdose en partido, sobre todo na segunda metade, pero non foi suficiente para traer os tres puntos a pesares de ter a posesión e ocasións para que así fose.

Os ourensáns chegan o partido sextos con 4 puntos, os catro como locáis, tras o empate co Ural e vitoria ante o CD Lugo, mentras que os herculinos son oitavos con 3 puntos en duas xornadas, tendo aplazados os encontros ante Ural e Racing de Ferrol. 

J3-PabellónCF-CDLugo_11

 

En directo por a web da Región

O domingo nova oportunidade de seguir sumando. Tal y como se fixo ante o CD Lugo a páxina web do diario La Región (www.laregion.es) emitirá o domingo as 12:00 horas en directo o encontro. 

Ademáis, dende as 19:00 horas o partido poderase ver en diferido en Telemiño.

O Pabellón quere recuperar as boas sensacións do partido ante o Lugo