El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O equipo mantén a unha boa liña

P2010443
Tres puntos máis para o Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil no campo de Os Remedios (2-0) despois de superar con merecemento ao Alondras CF con goles de Yago Ribao e Damián no segundo tempo.

O Xuvenil "A", que fixo un partido moi serio, segue marcando unha boa liña no inicio ligueiro e nesta ocasión facíase cunha vitoria merecida diante dun Alondras que soamente dispuxo dunha ocasión clara de gol na primeira parte cun lanzamento de falta na que o meta local Sampayo evitou o tanto. Esa foi a única acción de perigo dos visitantes nos noventa minutos.

Nos primeiros corenta e cinco minutos os branquiverdes tiveron oportunidades para chegar ao descanso con vantaxe no marcador, a máis clara un disparo cruzado de Osián que se foi fóra cando xa se cantaba o gol, pero a falta de definición impediu que o marcador se movese.

Na reanudación o decorado non variou e pasado dez minutos Yago Ribao anotaría o primeiro dos locatarios. Os visitantes quixeron peron non puideron ante un cadro local ben colocado e sin fisuras no aspecto defensivo. As cousas puxéronse mellor para os branquiverdes cando Damián, coa testa, conseguía o segundo. Restaban vinte minutos nos que se esperaba un ataque á desesperada do rival, pero o Pabellón non lle deu opción alguna e os puntos quedaron na casa. Ver ficha técnica.

Transcurridas cinco xornada os de Cándido Gómez compartes a segunda praza do grupo co CD Choco, ambos con 13 puntos ocupando as dúas prazas de ascenso detrá do líder RC Celta "B", ao que visitan os nosos o sábado (12 horas) na Madroa. Ver clasificación.

O equipo mantén a unha boa liña