El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

RENOVACIÓN DE MARCIAL GONZÁLEZ E JOSÉ M. SALGADO

Marcial González adestrará ao equipo de Primeira Autonómica Xuvenil

Salgado y Marcial

Marcial González  será o encargado de adestrar ao terceiro equipo xuvenil de Primeira Autonómica  na tempada 2020-2021. Terá como axudante a José Manuel Salgado.

José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Marcial González na dirección do noso equipo Xuvenil “C”, que este ano participará na Primeira Autonómica. Terá como axudante a José Manuel Salgado.

Marcial González posee o título de monitor de fútbol base e o título Uefa “B”. Leva no noso club dende a tempada 2015/2016 adestrando en distintas categorías.

Como xogador formouse nas categorías base do Galaico C.F. e C.D. Ourense ata a idade xuvenil e como senior pasou a xogar en categorías provinciais en equipos como Bande S.D., Loñoá C.F. e Moura C.F.

Tamén xogou na 1ª Provincial de Fútbol Sala en dous equipos: Hermanos Barros e Aguinchos.

“Nestes anos traballei con varios grupos de distintas idades, onde cada ano os rapaces chegan coa intención de integrarse nos diferentes equipos do club. Considérome un adestrador próximo aos xogadores, onde intento explotar o potencial que teñen”.

Marcial González adestrará ao equipo de Primeira Autonómica Xuvenil