El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

7º CAMPUS CATIVO

Este luns comeza o 7º Campus Cativo

Cativo-2

O campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerá o próximo luns 3 de xuño o inicio do 7º Campus Cativo Gratuito que contará cunha participación próxima aos 80 nen@s comprendidos entre os anos 2012 e 2015.

A actividade desenvolverase durante dúas semanas a razón de tres días en cada unha delas -luns,martes e xoves-.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS FAMILIARES DOS NEN@S INSCRITOS

  • O acceso dos deportistas será polo campo de fútbol para dirixirse á porta que da acceso á zona de vestiarios.
  • Deberán presentarse o luns ás 17.50 horas nesa zona provistos de roupa deportiva, zapatillas deportivas ou multitacos, gorra. Tamén é aconsellable que traigan e unha botella de auga de 1/2 litro co seu nome.
  • Os deportistas deben vir preparados dende os seus domicilios coa roupa deportiva.
  • O horario de cada día é de 18 a 19.15 horas.
  • Os familiares dos deportistas que o desexen poderán ubicarse na grada e unha vez finalizada cada xornada (19.15 horas) deberán recoller aos nen@s na porta de acceso aos vestiarios onde os deixaron. Deberán evitar señais ou consignas desde a bancada aos deportistas para evitar a súa distracción.
  • O primeiro día os inscritos distribuiránse preferentemente por grupos de idades, que se manterán así nos días sucesivos.

 

Este luns comeza o 7º Campus Cativo