El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

O Xuvenil "A" recibe este domingo o líder, CD Lugo

J1-Pabellón-Ural_11
J1-Pabellón-Ural_11

Os de Cándido Gómez volven a ter un duro escollo na xornada dominical  no Campo de Fútbol Miguel Ángel - Os Remedios (12:00 horas) coa visita do líder da categoría, na que será a terceira xornada da Liga de División de Honra Xuvenil. La Región y Telemiño retransmitirán o encontro.
J1-Pabellón-Ural_12

 

O domingo regresa a División de Honra os Remedios e faino cun novo partido de máxima esixencia, reciben a visita do CD Lugo, líder da categoría. Tras a derrota da pasada jornada ante o RC Celta chega a oportunidade de resarcirse ante o seu público, aínda que non serán todos os que quixesemos. 

Os rapaces de Cándido Gómez son novenos cun punto, o conseguido na primeira xornada ante Ural, o CD Lugo chega de líder con duas vitorias en dous encontros. Tras o visto na primeira xornada, os nosos rapaces teñen calidade máis ca suficiente para que os tres puntos queden na casa, tres puntos que reforzarían a moral e a confianza tras a dura derrota en Vigo.

Unha férrea defensa, concentración dende o minuto para non facer concesions e apreoveitar as ocasions, serán as chaves para que os blanquiverdes consigan a primeira vitoria da temporada. 

O encontro poderáse seguir en directo na web da Región e en diferido en Telemiño

 

 

 

O Xuvenil "A" recibe este domingo o líder, CD Lugo